Thursday, June 08, 2006

Bioinvasión de mexillóns de Nova Zelandia na Ría de Vigo

Segundo publica hoxe o Faro de Vigo, un grupo de biólogos vén atopando na Ría de Vigo, preto da desembocadura do Verdugo, colonias de exemplares de Xenostrobus securis, unha variedade de mexillón de Nova Zelandia que partella algunhas características co mexillón autóctono, pero que se reproduce a maior velocidade e carece de depredadores. A súa introdución no ecosistema da Ría de Vigo podería ter a súa orixe na acuicultura, empregándose sementes importadas; pois Nova Zelandia coma Galiza, é un importante produtor de mexillóns. O cultivo de mexillóns máis extendido en Nova Zelandia é o da especie Perna canaliculus, coñecida co nome de New Zealand Greenshell Mussel, Mexillón de Nova Zelandia de cuncha verde.
O Xenostrobus securis é considerado unha praga en Francia, Italia e no Xapón.

PS. Cliquen no título para atopar a ligazón co artigo de prensa.

4 comments:

Anonymous said...

Semella que a neocelandización é un caminho natural na evolución galega.
Se Galiza está ateigada de eucaliptais e na zona das rías baixas mesmo hai plantacións de kiwi, as marujas levan mandiles con marsupio, e os adolescentes tatúan as súas peles con tribais neocelandeses... Só nos faltan os Koalas,
aínda que alguén me dixo que a terra daquí é demasiado forte e os eucaliptos sonche psicodélicos, de modo que os koalas que aquí se asentaren, estarían todo o día piradísimos. Que perigo!

De tódolos xeitos, que medo me dan eses mexilóns verdes. Son uns aliens, e estannos a invadir.

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Mmm... Vostede leu verdadeiramente o meu post???
1. Os eucaliptos veñen de Australia, aínda que existen algúns poucos exemplares en Nova Guinea e Indonesia.
http://en.wikipedia.org/wiki/Eucalyptus
2. Os kiwis, que nós cremos que proceden de Nova Zelandia non proceden realmente dalí, senón do sur da China.
http://en.wikipedia.org/wiki/Kiwifruit
3. Os koalas tamén son oriundos de Australia, non de Nova Zelandia. De Nova Zelandia son típicos os tuatara (http://en.wikipedia.org/wiki/Tuatara), a ave chamada kiwi (http://en.wikipedia.org/wiki/Kiwi); e o kea, que é un tipo de loro que vive nas montañas (http://en.wikipedia.org/wiki/Kea).
4. Os mexillóns verdes non nos están a invadir. É unha outra especie. :P

PS. Como freak de Oceanía que son síntome decepcionado pola súa falta de interese. Ehem, ehem...

Anonymous said...

Sorry
Im a lady

arroaz (Tursiops truncatus) said...

LOL! That's not excuse at all. ;D