Saturday, June 24, 2006

incendio na panificadora


Esta tarde produciuse un incendio na antiga panificadora. Estaba sentenciado que algo puidese pasar nun edificio tan grande e que leva tantísimos anos abandonado en pleno centro da cidade. Eu lembro ver o edificio así dende a miña máis nova infancia. É unha vergonza aberrante para a cidade que haxa un edificio así no centro e ao carón da casa consistorial. E xa non falemos das fiestras estragadas na parte do edificio que dá á rúa da Falperra, que poderían tornarse facilmente en guillotinas voadoras. O que me estraña é que ningún peón morrese aínda co estado que presenta o edificio.

1 comment:

Anonymous said...

Vaia,
pois resulta que o edifico non me soa de nada... Mais de tódolos xeitos, paréceme bonito, deprimente, pero bonito... se cadra poderíase restaurar e utilizar para fins sociais... non existe ningún plan para esta panificadora?