Viaxe ao espazo nunha agradable e soleada tarde de marzo, a través dunha exposición no Centro Social Caixanova, a cal contén uns cantos traxes de astronautas da NASA como da Axencia Espacial Rusa (non sei se o web que aparece é o oficial, como non entendo ruski-ruski...), asi como cascos, luvas, comida espacial (non apta para o meu estómago, debido aos ingredientes); incluso un curioso sistema para mexar que consiste nunha especia de calzón o cal ten unha especie de saída que hai que conectar co... Xa saben ;) Fascinating!
Despois na próxima parada ollamos cadros e algunhas esculturas feitas por artistas galegos. O que máis me chamou a atención foi un cadro pintado por un O. Murguía de Castro. Fillo de Rosalía???
Logo pasamos ver unhas fotos da magnífica natureza galega; fragas, bosques, ríos, praias. Auga, verde e azul por tódalas partes e con múltiples tonalidades. Dan ganas de se mergullar dentro das fotos.
Aisss...
Saturday, March 12, 2005
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
2 comments:
Pois a min interesaríame moito saber como é que se asean os astronautas, porque nas naves espaciais non hai duchas... Fan limpieza en seco? coma nas tintorerías?
Pois non che sei, rapas...
Sentiranse abandonados polo desodorante???
O que si vin foi un paquete de pasta de dentes co nome de NASA, que pretendían comercializar, pero como a NASA pertence ao estado, pois vai contra a lei.
;)
Ah, e como non ía ser menos, había uns refrescos de Coca-Cola, parecían máis un spray de 3 en 1...
Post a Comment