Thursday, May 12, 2005

Rock no Castro

Sábado sabadete. Despois de ter pasado case unha semana engaiolado na casa con dores de cabeza, febre e calafríos comezo a ver a luz do día e reconecto coa realidade exterior.
Volto de compras no bus e vexo que teño unha chamada perdida da perdida da Queen of Punk. Chámoa. Convídame a tomar algo na súa casa. Para iso teño que baixar do bus e coller outro... Finalmente, nunha parada albisco que o bus que está diante no que vou eu pasa polo seu barrio e saio correndo para subir no outro.
En 5 minutos estou no seu barrio. Fágolle unha perdida para avisala de que xa cheguei. Sentamos un intre na beira-rúa mentres fuma o cigarro que ten na man (non hai costume que me amole máis).
Na casa amósame diferentes grupos dos que lle gustan a ela. A verdade é que non consigo lembrar os nomes; só un, uns Puta miseria. Encantoume a canción dun dos grupos que cantaba algo así coma... Puto PP, Puto PP... :D
Convénzoa para baixarmos ata O Castro, onde se poden usar os ordeñadores que a Casa da Xuventude ten nun local. Curiosamente cando chegamos vemos que ao lado do local, fóra, hai un escenario onde anda a ensaiar un grupo de rock. Logo avísannos de que esa noite ás 11 hai un concerto de rock e logo un de reggae. Enchufámonos un cacho á Rede. Despois imos dar un paseo. En principio non íamos saír á noite, pero Queen chama á Perphida para que se veña ao concerto.
Baixamos ata a pista de skateboard. Queen saca as cariocas e ponse a facelas voar no ar, dándose algún ca outro lategazo...
Mentres non comeza o concerto, soa a banda sonora de Amélie, séntese un transportado à Paris co son do acordeón.
Imos dar unha volta arredor d'O Castro, por iso de facermos tempo.
O grupo comeza a tocar.
Subimos ao mirador. Despois baixamos ata as áncoras. Mandámoslle unha mensaxe a Perphida. Chegará nun cacho.
Voltamos para o concerto. Grupo composto por 3 rapaces. Tocan ben, tá interesante. Algunhas versións de Nirvana e dos Red Hot Chili Peppers.
Baixamos ata a Praza do Rei onde xa está a Perphida. Queen arrepentida quere marchar para a casa. Mais a mirada Shin-chan de Perphida convéncena para saír toda a noite de esmorga.
Subimos de novo ao concerto (sendeirismo nocturno). Está a tocar o grupo de reggae. Tocan moi ben. Aínda que como di a Queen, tanta versión de Bob Marley resulta un pouco "parado", un toque máis ska viríalle ben. Quen toca a batería no grupo resulta ser unha bataka, que domina o instrumento. :D
Ao rematar o concerto, convénzoas para baixarmos ata o Ferrinhas. Hai música folk improvisada en directo. Que ghusto! :D
Despois imos tomar uns chupitos con sabor a mar, e tamén a piruleta.

No comments: