Friday, February 03, 2006
noite de excesos
Quedo con Perphida e co Macho Alpha para ir tomar algo. Fanse as mil e acabamos saíndo cear algo; pementos de Padrón, zorza, luras e patacas frixidas. O dono do local agasállanos cun grolo de crema de augardente (glup-glup).
Saímos dar unha volta por Viños. Mesturamos cervexa con crema de augardente, aínda que non sexa moi correcto....
Babexo coa visión do cantante de KOMA en varios vídeos.
Rulamos por distintos garitos bebendo birras ata facer estoupar a vexiga coas ganas de mexar. Pasamos por locais de guedelludos, por afters de nenos de papá facendo de rapeiros e finalmente acabamos nun café(?) de ambiente con bastante pinta de puticlub. Proseguimos coa cervexa e coas coñas. Ao Macho Alpha acáballe tirando os trastos un tipo bastante estraño. O Macho Alpha rexeita educadamente a súa insunuación mentres que Perphida comeza a gabear polas paredes chea de celos.
Despois de comprar dous croissants, chego á casa cando o reloxo marca as 8.30 da mañá. Non podo co body!
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment