Tuesday, March 11, 2008
Reblogando...
Pasei bastante tempo histérico a causa do meu ordenador e tamén da nula axuda que me daban na tenda onde o mercara, etc.
O primeiro que fixen foi preguntar na tenda onde o mercara. Dixéronme que se lle pasara o CD de Recuperación, tiña que estar limpo. Mais ofrecéronse a limparmo eles de balde. E nada, eu leveillo e dixéronme que nada, que xa estaba limpo. Chego á casa, actualizo o antivirus, logo fago unha análise completa do ordenador e vexo que mentres esta se realiza, seguen a aparecer aqueles nomes estraños e que eu atopara en google como troianos. Co cal chamo á tenda e coméntolles o que me pasa, e dinme que a ver se fora eu por ter visto algunha web ao conectar o ordenador, e dígolles que non, que só actualizara o antivirus. O tipo fálame en plan borde e chega un momento no que me sobe o ton, e comeza a tratarme como se a culpa fose miña, por dicilo dun modo light.
Previamente na tenda, preguntáralle se o software para a instalación do güindos estaba contido no CD de Recuperación, e entre dentes, respóndeme que si, pero despois acaba cantando; dime que non, que claro que non, que vén preinstalado, porque senón, podería eu piratealo. E a ver... Cando mercas un ordenador co software preinstalado, estás a pagar por el. Pero por que non che dan unha copia? Porque o único xeito de facer unha instalación limpa e co CD do produto orixinal. O CD de Recuperación só borra a información que ti lle teñas engadido, pero hoxe en día os troianos métense dentro do sistema de arquivos e resultan indetectables. Quizabes un freaky da informática si os poida detectar, pero e o resto de mortais?
Na compañía dinme que ao non haber un servizo técnico autorizado na miña cidade, malia ser a máis grande e industrial de Galiza..., que o leve un técnico no que eu confíe. E claro, pois confiar xa non estaba por confiar en ninguén, e menos sendo o meu primeiro ordenador, ou sexa, que eu de técnicos non tiña nin idea.
Lévoo a un técnico, e ao cabo duns días chégame un SMS dicindo que malia que aparezan nomes raros, que ao pasar o CD de Recuperación sigo a ver cousas raras, e que viña así de fábrica, co cal non me debo preocupar. Caralludo! Por quen me teñen??? A miña inxenuidade ten uns límites. Menos mal que non me dera por mercar nada por Internet nin mirar a conta bancaria.
Paso un mes e pico no que case non emprego o meu ordenador, chego a collerlle noxo, e volto ir fundir as pelas nos cibers.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment