Thursday, February 24, 2005

Where's the mic?

Rendez-vous cun descoñecido. Soirée de reflexión metidos nunha cova falando das nosas vida, do pasado, intercambiando opinións, entregándonos ao marujeo e aos díxome-díxomes, cuspindo H2SO4. Falamos de chanchullos políticos, de blogueiros egocéntricos, aspirantes a escritoruchos, do baleiro na música e literatura galegas, da televisión (de calidade e lixo), de neofalantes que van de native speakers, de narcisos suicidas, de culturetas monolingües, de louk@s namoradiz@s, de civilizad@s ilustrad@s e alcolizad@s, dos guiris; compendio en herpetoloxía centrado en Quetzalcóatl, nas víboras, cobras e demais especies e subespecies de serpes rastreiras.

6 comments:

Dot said...

Todo iso é segredo de sumario ;)

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Ehm... Era ata que deixaches o comment. ;D

Cesare said...

Pero iso é fortísimo!!
Xuntounos a casualidade?

Meu deus

arroaz (Tursiops truncatus) said...

???!!! Creo que te "confundes" coma o Dinio...

litli ljóti kennarinn said...

,,Blogueiro" é unha palabra moi chula. Que vergonha non conhecela de antes.
Alédame saber que existe un termo en romance e non ter que usar ,,blogger" coma se fai en todas partes.

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Halló, halló þú!
Que, levas moito tempo á espreita lendo e sen dicir nada? ;)
Sobrevives en Reykjavík?
Pois grazas polo teu comentario! Si, xa sabes que o galego ás veces é moi creativo á hora de crear palabras novas. :D Polo que me contou The Flying Dutch, en islandés tamén, non?
Bless bless!