Friday, April 29, 2005

Puro teatro.

Luns 25. Convezo a Mercurio para colgarmos a clase das 6. Ás 6 e media hai unha obra de teatro no teatro da Cidade Universitaria (ehem... ehem...). Era a primeira vez que íamos ao teatro. Como é novo, aínda non estiveramos nunca.
Decepción profunda ao entrarmos. O espazo en si é bastante pequeno. Para non desafinar co resto de estruturas da
Universidade, especialmente os novos edificios e centro comercial, todo é de cemento. Seica o cemento anda moi caro, porque coa millonada que costaron todos os novos edificios; tan bonitos eles, tan acolledores...Ehem... Pois non creo que entren alí máis de 150 persoas sentadas en filas de cadeiras aliñadas por ferros. Moi cutre. Mellor non moverse, senón podes facer tremer a toda a fila. O chan é tamén cemento. Ah, é o mellor de todo é que todo o auditorio está ao mesmo nivel, é chan; ou sexa, que os que estean nas filas traseiras dificilmente poden ver o que acontece no escenario.
A obra que vemos é Nai? Unha adaptación dunha obra de teatro de
Maxim Gorki, representado polo Taller de Arte Dramática do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.
Conta a mecanización e a deshumanización do home na sociedade industrial. Agrupación de traballadores ao redor dunha mesma forma de pensar. Represión. Medo. Necesidade de afecto.
Venres 29. No super-teatro da uni hai hoxe unha obra obra da compañía palestina Al-Kasaba . O nome da obra
Stories Under Occupation. Traxicomedia que nos dá a coñecer a realidade da xente dun campo de refuxiados en Palestina dende diferentes perspectivas. Brillante a actuación. Aguda combinación de humor e traxedia nun explosivo cóctel que nos obriga a pensar, reflexionar e viaxar mentalmente ao conflicto entre palestinos e israelís.
PS. A primeira vez que asisto a unha obra de teatro con dobraxe nunha pequena pantalla.

1 comment:

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Que diga, subtítulos.