Sunday, April 17, 2005

The Show Goes On

Aiiiisss... Cando cesará tanta manipulación e tanta propaganda orquestrada polo Goberno (ausente) da Xunta de Galiza!
Fraga leva xa tempo "ralándonos" coas súas mensaxes (sutilmente subliminais, ehem... ehem...) en contra da oposición, dos nacionalistas (grave ameaza segundo el), do goberno central (culpándoos da súa incompetencia), etc... etc...
Onte abro o xornal, o Faro de Vigo, e cando xa levaba olladas unhas cantas follas, atopo unha "edición" especial de dúas follas de propaganda da Xunta chorando polo maltrato do goberno central de Madrid...
Ai, ai, ai... Por que non refloxionamos sobre os nosos feitos? (Como é que o chaman os católicos, exame de conciencia?... Pois eu diría que non teñen diso... Uhm...)
Arrepentídevos pecadores!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

1 comment:

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Vaia, vaia, vaia...
Hoxe lendo o xornal ese do que aínda non conseguín averiguar de onde carafio saíu, leo que o PSOE e o BNG queren subírselle a Fraga na chepa por toda a "propaganda" que leva publicada na prensa dende o pasado venres. Que novidades... Os do PSOE buscan a forma legal de denunciar ao un-Popular Party, mentres que os do BNG queren que Fraga compareza dando explicacións.
(Ehem... despois do que pasou co Prestige eu non agardo milagres, non me vou facer crente así "de repente"...)
Viva a democracia!!!