Thursday, August 31, 2006

aco & múm - machi
audioslave - be yourself
Ghayoso en problemas

Tuesday, August 29, 2006

Steindór Andersen and Sigur Rós in Olafsvík

Friday, August 25, 2006

o q pode atopar un na internet...



Xa postos... Que a música sexa un dúo Björk-Tagaq no fondo do mar.

Monday, August 21, 2006

Audioslave - Like a stone

Friday, August 18, 2006

Sigur Rós - Glósóli
Múm ♥♦♣♠ We Have A Map Of The Piano (Shinjyuju Liquid Room)
Jóga - Emotional Landscapes
Björk - Cocoon (Live with musicbox)

bodylecious



Thursday, August 17, 2006

Pizzicato Five - Twiggy Twiggy

Å nøıtë ðõ ğ£æµovR


Quedo coa Tijeritas para irmos buscar á Queen of Punk ao traballo.
Despois a Tijeritas déixanos no centro.
Chegamos ao antro con máis tolos/m2. A festa está concorrida por guedelludos e punkarras. Dentro do local atopamos un grupo de bailarinas do cancán, con traxes hiper-curtos, medias de rede e boas de plumas de mil cores.
Damos cun par de kinkis saídos dalgún bar gay dos anos 70. Un leva unha micro-camiseta rosa descolorido, deixando ao descoberto as súas costas e máis as mamilas, viseira e pantalóns de coiro; baixo os pantalóns, unha tanga de leopardo. O outro leva unha camisola azul super hortera, co colo en pico, ensinando o peito de lobo, bigote, e uns pantalóns cinguidos de raias anos setenta, que dan unha percepción visual coma se o rapaz só tivese pernas.
Tamén hai un grupo de punks coa crista tinguida de rosa. Dous deles, á parte das camisetas de asas, levan saias escocesas, medias de rede e botas. Un deles é un rubio (lat. rubeu) que nos pon coma cadelas en celo á Queen e a min. Mmmf... Ese peito peludo, esas pencas, e esa chiviña... Hot, hot, hot.
Bailamos ao son de La chica ye-yé, Me gusta ser una zorra, Bailando e outros grandes éxitos do petardeo.
Nun momento vexo á Queen, coa miña cámara na man, facendo fotos dende a porta do baño de homes. Achégome ata ela e mexo ao ver ao rubio e a outro punk mazando nos baños. E é que a Queen soubo aproveitar o morado que levaban para convencelos e facerlles unhas fotos, sen que eles, a quen lles encanta xogar coa ambigüidade, sospeitasen nada.
Unha noite fetén!

Concerto dos Franz Ferdinand


Quedo coa Tijeritas nun bar de Castrelos. Anda a xogar ao billar co Potxolada. Despois de botar un par de partidas, pasamos por unha tenda para comprar provisións para o concerto.
Buscamos sitio para pousar o pandeiro nas ateigadas bancadas.
Soan os primeiros teloneiros. Chamativos. A histriónica cantante anima o concerto cos seus berridos de psiquiátrico.
O segundo grupo; ehem... Unha puta merda.
Chega o curmán metrosexual da Tijeritas.
Rematada a segunda actuación, os Franz Ferdinand tardan moitísimo en saír ao escenario. Os asistentes lanzan asubíos de malhumor e perda da paciencia.
Cando se produce a tan agardada aparición, o público das bancadas ponse de pé, desferruxando o body para poñerse a botar coas cancións.
A actuación, a posta en escena e a iluminación son caralludas. O público entrégase por completo e gozan coa actuación; botando, cantaruxando e aplaudindo.
O cantante é a pera cos seus bailes coñeiros, subindo e baixando as pernas.
Ao final do concerto a banda ten que voltar saír ante a insistenza do público, que malia a recompensa final, queda con fame de máis, pero satisfeitos pola actuación.

Convención de xermanistas



Quedo con outro freak que me convida a xantar na súa casa, mentres improvisamos un seminario de lingüística comparativa.
Coñezo a un native speaker dunha peculiar lingua minoritaria.
Escoito falar de costumes antropolóxicos e culinarios semellantes e diferentes entre dúas culturas que viven do mar.
Probo, marabillado, uns exquisitos spaghetti con salsa de tomate, mexillóns e cabazo. Seguimos comadreando sobre lingüística comparativa, música, heavy, música hortera e música gay.
Baixamos unha crema de orujo.
Imos ata un café onde podemos estudar algúns especimes da fauna local.
Camiñando polas rúas atopamos a un músico que toca un estraño instrumento medieval bávaro, que fai soar cando golpea as cordas cun pequeno martelo. Extasiado, escoito un breve concerto dun instrumento que soa dun xeito semellante á harpa. Teño que conter a miña impusibilidade para non lle mercar un CD dos que vende.
Máis tarde acabamos latricando nun café pseudo-cultureta, no que a xente finxe ler libros interesados, mentres che miran por riba do ombro e con cara de estaren molestos porque ti te estás a comunicar con outra persoa.

Centrifugado


Quedo coa Tijeritas. Vénme buscar no seu Toñito para irmos tomar algo nun pub ao aire libre na praia dos Olmos. Ao chegarmos aló, vemos que está todo petado, así que marchamos para Bouzas, onde se celebra a festa do Carme.
Despois de dar atopado un oco onde aparcar, damos unha pateada ata a festa. Damos unha volta vendo os postos e as atraccións.
Montamos nunha plataforma que se ergue sobre uns brazos mecánicos, situados nos laterais. Protexidos baixo un protector amarelo colocado sobre o peito e máis por unhas barras de seguridade, o trebello do diaño comeza a moverse, mecendo as nosas guedellas ao vento; adiante, cara atrás, ao redor dun lado e do outro. As bólas póñensenos de gravata. Algo que daba a impresión de ser inofensivo, dá pavor. Supoño que para producir unha maior sensación, o protector do peito non é totalmente ríxido, co cal un se despraza lixeiramente cara fóra, fai que agarres máis forte a barra de seguridade e que che treman as pernas. Por veces pecho os ollos para non ver o chan sobre o que rodamos pendurados naquela lavadora endemoñada.
Baixamos dando tombos, coma se estivesemos peneques e co sangue frío.

Birthday in Porto



Logo de andar a darlle pena á xente para que alguén me acompañase a Porto á Marcha do Orgulho, e de que todo o mundo me dixese que nanai, dou convencido a MERCURIO para que viaxe comigo.

Saímos ás nove da mañá da estación de autobuses de Vigo. En menos de media hora estamos en territorio portugués.

Deixada xa Valença do Minho atrás, chégame unha mensaxe SMS de longa distanza (2630km), dándome os parabéns e desexos de felicidade polo meu aniversario.

En dúas horas arribamos no Porto. Damos voltas polas rúas na procura da Câmara Municipal do Porto e entramos nunha oficina de turismo. Por que algúns portugueses teñen a teima de falarche en castelán cando ti lles estás a falar en galego empregando palabras portuguesas para unha mellor comprensión?!

Marabillámonos coas escenas en azulexo da Estação de São Bento.

Cruzamos ata Vila Nova de Gaia flipando pola ponte Dom Luis I. A altura e a paisaxe resultan moi impactantes. Espectacular a brétema que envolve unha ponte Douro abaixo, supoño que preto xa do océano.

A baixada ata a beira de Vila Nova é toda unha aventura por unha costa empedrada chea de socavóns, onde nos dixeran que había escadas... Quedamos de pedra ao ver un coche baixando a devandita rúa.

Na fermosa beira abórdannos en reiteradas ocasións para que fagamos unha viaxe polo Douro e para que visitemos as adegas do viño do Porto.

Conservo un folleto dunha das adegas, que me deixou finado ao atopar, estupefacto; erros en portugués, español, inglés, alemán; e aínda que o meu francés non dá para moito, a versión artificial que se daba, semellaba ter sido artellada cun xogo de quimicefa para afeccionados. Algúns dos erros que atopei son incribles; aínda mexo co riso só de pensar na tradución de Porto (ollo á maiúscula!) coma Puerto na versión española. Dende logo, había que darlle un premio ao prof que se encargou da(s) tradución(s).

Na beira atopamos postos de venda de pan e doces. Non podo resistirme a mercar uns de gorentosos doces de coco.

Voltamos a Porto pola parte baixa da ponte. Paseamos pola beira, contemplando as casas antigas. A MERCURIO lémbralle un chisco ao porto do Berbés.

Camiñamos polo casco vello cara ao norte. Entramos nun café onde parolamos un cacho.

Crebamos a cabeza tentando mercar uns billetes de metro. Xa podían ter ideado uns paneis máis claros e unha demarcación por zonas máis sinxela. Chámanos a atención ver que o túnel polo que viaxa o metro está en pendente, costa arriba ou abaixo, en función do destino. Eu lera que nalgúns lugares existían túneles en pendente, pero nunca o tería imaxinado así. Encantounos viaxar no super metro do Porto.

Chegamos á estación preto da cal parte a marcha. Coas ganas de mexar, e xa que non nos apetece pedirlle a chave dos baños da estación ao vixilante, entramos nunha pastelaría, onde me deleito cun Lipton Ice ao mango ( a ver cando o sacan aquí tamén...).

Advertimos algunhas mozas e un par de mozos na terraza da pastelaría con pancartas. Damos por suposto que van á marcha, así que decidimos seguilos ao lonxe.

Chegamos a un pequeno parque, nunha praza, ao carón do cal hai algunhas persoas concentradas, e bastantes policías. Sentimos desconfianza, e preferimos observar dende o parque, un tanto afastados. Notamos tensión. Ao pouco pasan ao noso lado unha banda duns cinco garrulos cun aspecto de porcos bébedos. Un deles leva unha bufanda da selección portuguesa de fútbol (omnipresente a bandeira en todo o norte de Portugal o día da nosa viaxe) ao redor do seu bandullo de cocho. Bauer!, que dirían en Alemaña. A manda de mandrís ponse a esbardallar e insultar ao persoal diante das cámaras da televisión ("?u?u?u"). Ata eles achégase un grupo de xitanas, despois de agocharen as súas bolsas tras uns matos, que se poñen a latricar, sen vir ao caso, diante das cámaras. O que dirían non o sabemos.

A marcha comeza a desprazarse controlada pola policía. O grupo de simios mentalmente eivados segue a marcha con pinta de buscar camorra. Seguimos a marcha de vagar, observando como descorre.

A marcha ten pouco do carácter festivo a carnaval das típicas marchas que transcorren na maioría de países civilizados do continente europeo. É unha manifestación que clama o cesamento da violencia, e que ten lugar por primeira vez no Porto, meses despois de que tivese lugar o asasinato dunha persoa transxénero a mans duns rapaces.

Pasada media hora abandonamos a manifestación e damos un rápido paseo por unha rúa peonil, facendo unha breve visita á FNAC, onde despois de problemas de indecisión, acabo adquirindo un barato exemplar de Frankenstein by Mary Shelley. Sublime!

Chegamos en metro a Campanhã, estresados porque queda pouco para que saia o comboio para Vigo. Moi clarificadores os paneis... Cando damos chegado aos andéns, pregunto a un traballador, en galego, onde mercar os billetes. Resposta en portugués, mais cando nos pregunta a onde viaxamos e dicimos Vigo, o tipo comeza a falar en inglés ante ao noso asombro. Ais... Isto de vivir mutuamente de costas...

Un pracer a viaxe en tren polas fermosas paisaxes da costa norte de Portugal.

PS. Tamén gozamos coas interesantes paisaxes XY. :=)

Tuesday, August 15, 2006

29-06-2006


Concerto de Rabih Abou Khalil na Praza da Estrela. Música de laude fusionado con jazz. A hostia!!!

Paripé. 16-06-06



Malia que a maioría da xente coa que me levo da clase non lle apetecía, pensando nos nosos compañeiros e que os nosos camiños comezaban a diverxer, decidimos facer o paripé no super-acto de licenciatura.
Se xa non nos apetecía facer a orla pola hipocrisía que supón saír nunha foto con persoas coas que nunca tiveches (bo) feeling, xa nin falar do exitoso acto. Ehem...
A organización, como é característica na miña universidade, foi nula. O ensaio que íamos facer media hora antes do acto demorouse varias veces e, finalmente non tivo lugar.
Entramos e sentamos por orde alfabética. Ehem... Ao carón de xente que non aturo, mentres falo con MERCURIO na distanza.
A tía máis petarda da clase, con ansias de protagonismo casposo, entallada no seu vestido sssuper fashion, e a cal se encargou de todo o "tinglado", dános unhas indicacións do que hai que facer, chegando ao mal gusto dunha presentadora piraña dalgún talk-show cheo de carnaza camiño de apodrecer.
Caenos a mandíbula vendo o traxeados que van os alumnos da outra clase que fai o acto connosco. A algunha deulle por voltar a tempos pasados e lucir un vestido con reminiscencias que o fan case victoriano.
Os descursos son xeniais, ocorrentes, orixinais, hilariantes, algúns ata cheos de mestría. En particular, escachamos cun descurso que ataca o catolicismo e defende a laicidade; alternamos a ollada entre o falante e un crego que imparte clases de latín; dá a impresión de saírlle fume pola calva.
Quedamos sen os diplomas de pufo por mor dun outro erro organizativo.
Tras o acto, o paripé continúa cun aperitivo cos papis no comedor da cafetería. Que petiscos tan deliciosos! Cocretas, fritanga conxelada de peixe, empanada radiactiva, montaditos de salchichón e fiame sobre anacos de pan reseso. Quel plaîsir!
Nada coma o dönner con prebe scharf que ghaldrumei logo na da Zorra del Infierno.

Sunday, August 13, 2006

sigur rós_viðrar vel til loftárása

Wednesday, August 09, 2006

Leo's first big dick!

Monday, August 07, 2006

Tanya Tagaq Live At Calgary Folk Fest.

Seal-like inuit techno music

CADEA PERPETUA!!!!


Imaxe tirada da Voz de Galicia.

Non vai sendo xa hora de que se endurezan as condeas?! De que os pirómanos apodrecen no cárcere?! Ou se son perturbados mentais, que os internen en centros psiquiátricos!!!!!!!!!!!!!!
E non estaría de máis que se limite o cultivo de eucaliptos, e outras especies alleas que poidan danar os nosos ecosistemas???!!!
Por que non se recadan sinaturas pedindo un endurecemento penal como se fixo co Prestige?

Saturday, August 05, 2006

Rockbitch - Bitchcraft - Up & Down
Me gusta ser una zorra. Versión Libre

Friday, August 04, 2006

vulpess: me gusta ser una zorra

Wednesday, August 02, 2006

LAS FELLINI ( NAGORE GORE & NENITA DANGER)
Las Fellini - Nenita Danger - Ponme Petazetas en el coño