Thursday, August 17, 2006

Concerto dos Franz Ferdinand


Quedo coa Tijeritas nun bar de Castrelos. Anda a xogar ao billar co Potxolada. Despois de botar un par de partidas, pasamos por unha tenda para comprar provisións para o concerto.
Buscamos sitio para pousar o pandeiro nas ateigadas bancadas.
Soan os primeiros teloneiros. Chamativos. A histriónica cantante anima o concerto cos seus berridos de psiquiátrico.
O segundo grupo; ehem... Unha puta merda.
Chega o curmán metrosexual da Tijeritas.
Rematada a segunda actuación, os Franz Ferdinand tardan moitísimo en saír ao escenario. Os asistentes lanzan asubíos de malhumor e perda da paciencia.
Cando se produce a tan agardada aparición, o público das bancadas ponse de pé, desferruxando o body para poñerse a botar coas cancións.
A actuación, a posta en escena e a iluminación son caralludas. O público entrégase por completo e gozan coa actuación; botando, cantaruxando e aplaudindo.
O cantante é a pera cos seus bailes coñeiros, subindo e baixando as pernas.
Ao final do concerto a banda ten que voltar saír ante a insistenza do público, que malia a recompensa final, queda con fame de máis, pero satisfeitos pola actuación.

No comments: