Tuesday, August 15, 2006

Paripé. 16-06-06



Malia que a maioría da xente coa que me levo da clase non lle apetecía, pensando nos nosos compañeiros e que os nosos camiños comezaban a diverxer, decidimos facer o paripé no super-acto de licenciatura.
Se xa non nos apetecía facer a orla pola hipocrisía que supón saír nunha foto con persoas coas que nunca tiveches (bo) feeling, xa nin falar do exitoso acto. Ehem...
A organización, como é característica na miña universidade, foi nula. O ensaio que íamos facer media hora antes do acto demorouse varias veces e, finalmente non tivo lugar.
Entramos e sentamos por orde alfabética. Ehem... Ao carón de xente que non aturo, mentres falo con MERCURIO na distanza.
A tía máis petarda da clase, con ansias de protagonismo casposo, entallada no seu vestido sssuper fashion, e a cal se encargou de todo o "tinglado", dános unhas indicacións do que hai que facer, chegando ao mal gusto dunha presentadora piraña dalgún talk-show cheo de carnaza camiño de apodrecer.
Caenos a mandíbula vendo o traxeados que van os alumnos da outra clase que fai o acto connosco. A algunha deulle por voltar a tempos pasados e lucir un vestido con reminiscencias que o fan case victoriano.
Os descursos son xeniais, ocorrentes, orixinais, hilariantes, algúns ata cheos de mestría. En particular, escachamos cun descurso que ataca o catolicismo e defende a laicidade; alternamos a ollada entre o falante e un crego que imparte clases de latín; dá a impresión de saírlle fume pola calva.
Quedamos sen os diplomas de pufo por mor dun outro erro organizativo.
Tras o acto, o paripé continúa cun aperitivo cos papis no comedor da cafetería. Que petiscos tan deliciosos! Cocretas, fritanga conxelada de peixe, empanada radiactiva, montaditos de salchichón e fiame sobre anacos de pan reseso. Quel plaîsir!
Nada coma o dönner con prebe scharf que ghaldrumei logo na da Zorra del Infierno.

No comments: