Sunday, May 22, 2005

Batalla de flores


Serea e home nunha bóla

O que fora unha festa tradicional realizada polos cidadáns ata mediados dos anos 70, converteuse nunha parada yankee ao máis puro estilo Disney World, con carrozas ssssuperrr-bonitasss, cada unha co logotipo da empresa que a pagara. Non sei por que nos dá no nariz que todo foi planexado pola nosa querida (cruzamos os dedos... e botamos a lingua de paso) Cori para promocionar a Volvo World Cup que sairá este ano do Porto de Vigo. Evidentemente, que dúbida pode caber, ela estaba alí para promocionar a cidade e... para promocionarse a si mesma.
Por certo alguén reparou na subnormiladade que foi que tirasen toneladas de papel en confetti e cintas? Que por certo, custaron un ollo da cara, mais non da da Cori, esa ha ser sempre perfecta per secula seculorum. Amén!
Por certo, non perdan o portrait da Cori clicando arriba na ligazón. ;)

2 comments:

Dot said...

Eu vin o final desa 'parade' e pareceume detectar un ambiente xeral de depresión entre un publico estilo 'o que nos boten', propio da pirámide poboacional invertida que padecemos. En vez de confeti deberon repartir éxtase.

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Hahaha. Éxtase non sei, pero dende logo algo que faga á xente comezar usar os miolos e pensar e custionar as cousas. Resulta deprimente ver o conformismo que hai, e peor aínda o pasotismo e falta de uso das neuronas. Eu non sei se quero chegar a coñecer o que sairá das furnas o 19X...