Thursday, February 10, 2005

Milagre!

Veño de ollar as novas que aparecen hoxe en La Voz de Galicia e o Faro de Vigo. E acabo de quedar un tanto, só relativamente..., pasmado.
Existimos, donas e cabaleiros! Hai alguén que non nos ignora.
Como vén nun
artigo da Voz, Bruxelas engadiu o Aeroporto de Vigo dentro do grupo de aeroportos que poderán contar coa oferta de voos a baixo prezo. Para que outros tomen nota...
Isto sucede despois de que os
dummies do goberno autonómico decidisen favorecer, apuntando co dedo e previo xeneroso pago, á cidade d'A Coruña para á implantación da aeroliña Easy Jet, e non en Vigo, onde tería seguramente máis demanda polo maior número de viaxeiros; e despois de que Ryan Air optase polo aeroporto de Santiago de Compostela, xa que é o único que abre as 24 horas; e claro, como AENA négase a abrir Peinador as 24 horas... Así estamos.
Aínda que de pouco nos vai servir... Das compañías de baixo prezo que quedan, ningunha está interesada por Vigo.
Non chega con termos xa a
Iberia, Spanair e Air France en Peinador; necesitamos que veñan as low cost airlines. Xa está ben de tanto favoritismo e de varrer para a casa!
Menos mal que aínda os hai con miolos. A direción de Air France Régional, os únicos que apostan realmente por Vigo, confirmou a Faro de Vigo que aos seus avións se lles incluirán os instrumentos necesarios para manobrar con néboa e curta visibilidade.

No comments: