Tuesday, February 15, 2005

Sementando o medo.

Hoxe ao mediodía vin a campaña do PP en favor do "Si" no referendo ao que tódolos cidadáns do Reino de España maiores de idade estamos convocados. Hai cousas que nunca cambian, de feito a súa estratexia de tentar sementar o medo entre a poboación coa súa propaganda de que se votamos o "Non", estaremos nas mans da violencia, do terrorismo, radicalismo... ben, o que os populares sempre relacionan coa esquerda e co nacionalismo. Teñan coidado que despois Deus os castigará... Ehem...
E claro, para que non desentonase, a propaganda estaba feita en galego, cun "Sí" escrito en castelán, e cun Mariano Rajoy, galego ilustre de seu... Falando en castejano. Como non... Eu cría que para ser funcionario da Xunta hai que saber falar e escribir galego, non? Seica o esqueceu na súa andaina por terras castejanas? Ou realmente nunca o falou nin é tan galego como el se cre?
Que opina o pobo?
A do BNG segue tamén igual ca sempre; coas súas vaquiñas, campesiños, mariñeiros, e a nota progresista é unha fábrica da industria téxtil. Ehem... Tamén. Enfin... No comments.
E a do PSdG-PSOE non tiven o privilexio/perda de tempo de vela. Pero como xa sabemos o que hai...


A proposta gastronómica do día é: Filloas de sangue de porco acompañadas de Ron Casique

PS. Miñas queridas Carapuchiñas Vermellas, teñan coidado cos lobos... e coas lob@s, que tamén son moi perigos@s, cando volten ás súas casas por eses camiños escuros...
Auuuuuuuuuuuuuu!

2 comments:

Doutor Neo said...

Hola Sonche unha carapuchiña vermella moi agradecida polo consello Por certo, moi bo o artigo este de sementando o medo, bueno, na liña a que xa nos ten acostumado o autor :) Por certo, que todavía non teño claro con cal das catro opcións me vou quedar o vindeiro día 20:
a) Votar SI
b) Votar NON
c) Votar en BRANCO
d) Non votar
Supoño que de aquí ó domingo tomarei unha decisión, que en calquera caso non será a correcta ... porque aínda non lin a novela esa de misterio que chaman Constitución Europea. Por certo, ¿alguén sabe quén é o asasino? ;)

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Querida carapuchiña,

Non hai de que.Neste "reality show" sempre tentamos axudar á xente. Hahaha!
Eu convidaríate a que exerzas o teu dereito ao voto, que para algo es unha carapuchiña (pensante) e non un lobo des-neurona-do.
Non teñas medo se será correcta ou non.
Polo que teño entendido non hai un asasino; son varios. ;)