Wednesday e Mercurio agardan por min no coche. Vaia! Estou impresionado. Normalmente son eu o que chega primeiro e ao que lle toca agardar pol@s demais. Monto no coche e imos na procura dunha praza para aparcar preto da miña casa.
Baixamos andando cara ao centro.
O cachondeo comeza xa sen termos probado o alcol. Falamos de amores pasados. Do tola que está a maioría da xente... Comentamos a actuación estelarmente corrosiva dos rapaces de CQC. Un aplauso, donas e cabaleir@s! Levaba bastante tempo sen rir tanto. Encantoume a reportaxe especial a Fraga. O pobre reporteiro intentou achegarse a el en varias ocasións, nunha delas cun super-mega-condón cubrindo o micro; Fraga non se deixaba... Despois conseguiu achegarse ata el, pero desta vez non levaba o condón ese que lle quedaría grande ata o negro máis "potente"; tentou facer entrega dun condón laranxa (cor dos im-PoPulares), mais Fraga rexeitoullo, pois el é todo un home, e el non usa diso. Díxolle: "Métaselo donde le quepa"; ao cal o rapaz contestoulle audaz que aínda non medira o diámetro. Outro aplauso para o reporteiro polo seu par e pola súa audacia!!! Tamén a entrega especial que se lle fixo a Mrs Anzar durante un desfile da Pasarela Cibeles; unha nova variedade de froita, metade pera, metade mazá. Para que Mrs Anzar vaia aprendendo a manter o bico pechado e a non dicir máis parvadas. Ah, por certo... A Mrs Anzar non lle sentou moi ben... Aínda que finxiu que lle resultara divertido co seu sorriso de coello (cuestión xenética? os coellos séntense atraídos polo tamaño dos dentes e polo bigote?).
Lévoas de excursión. Hoxe é a primeira vez que entran na cova. Encántalles a decoración e atmosfera que alí se respira, tan de seu.
Se xa andaba un pouco descontrolado cos meus chistes tamén corrosivos :D , comezan a saírme máis cousas pola boca cada vez con máis contido de H2SO4 a medida que bebo a primeira cervexa, que se precipita cara a miña cabeza...
Mercurio e máis eu puteamos a Wednesday pola súa relación cun mariñeiro... ela di non sei que de que non é o mesmo un mariñeiro ca un pescador... que só o pescador leva peixe á casa. Eu lle contesto que teñen algo en común, que os dous comen bacallau na casa. :D Escachamos os tres.
Marchamos a outro local. Wednesday necesita meterse algo na boca... o seu estómago comeza a bruar.
Levanto cartos dun caixeiro e lévoas a unha pequena bocatería. Polo camiño Mercurio e Wednesday comezan a picarse mutuamente. Eu comezo a falarlle en italiano a Mercurio e ela dáme co cóbado, porque non quere que Wednesday saiba do seu babeo por un bello ragazzo durante a súa estadía en Polszkýlandia.
Wednesday e máis eu papamos dous bocatas de serrano (ñam-ñam-ñam...).
Despois descubrimos un café-pub... Non me lembro do nome... Entramos. Está baleiro, pero é moi acolledor. Está todo pintado de branco coa maioría de mobles retro de cor vermella. Sentamos nun sofá vermello de algún tipo de material sintético que brilla... Wednesday pide un café au lait e Mercurio e máis eu pedimos un café vienés (café, coñac e nata). O café resultame bastante forte... Á parte non acostumo a tomar café. Despois de botarlle dous paquetiños de azucre xa está bo. :)
Fágome unha foto con Mercurio. Parecemos dous aparvados peneques...
Marchamos de volta. Sniff!!!
Ben, vou copiarlle ao dot iso de pór unha canción...
Original Sound Track: "Ég veid ei hvað skal segja" contained in Gling-Gló with Björk Guðmundsdóttir og Tríó Guðmundar Ingólfssonar. 1990
Friday, February 18, 2005
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
2 comments:
Sospeito que estivéchedes na 'La Fille' pola descripción que dás, pero tampouco é que eu me coñeza todos os garitos desta cidade. ;)
Agora que o dis... creo que si. :)Escoitaches a canción? :P
Post a Comment