Tuesday, February 22, 2005

Incertidume

Tras os resultado obtidos no referendo que tivo lugar no Reino de España, non sei se cortar as veas... ou se deixalas longas... O mellor de todo é que o ZP anda por aí a se vangloriar do apoio ao "Si", que segundo el conseguiu dos cidadáns españois. Tamén andaron a dicir que se fora un apoio ao "Si" por maioría abrumadora. Abrumador coma o número de votantes abstencionistas? Ou abrumador coma a súa frialdade e manipulación? Hai que ter papo para dicir tal! A isto lle chaman democracia?! De que van? E a onde carallo iremos parar???
Xa coñecen a cancionciña... "a mesma merda é!!!".

1 comment:

Francisco Rey said...

Estimado amigo Arroaz:

Veño de ler o teu "artigo" titulado Incertidume. En parte teño que darte a razón, no sentido de que coa baixa participación que houbo éstá un pouco fóra de lugar o de "presumir" da aplastante maioría do si. A cuestión que eu me plantexo é: ¿ten culpa o goberno da irresponsabilidade dun amplo sector da poboación que "pasa olímpicamente" do seu dereito de voto? Eu opino que non. En todo caso os partidos políticos deberían plantexarse cal é o motivo polo que existe tanta abstención cando se trata de votar "cousas de Europa", e intentar dar unha resposta axeitada. Namentres, pois teremos que seguir aturando que moita xente que "pasa" de votar, logo son os primeiros que protestan cando a Unión Europea aproba certas reformas en política agrícola (para quen non o saiba, neste campo a Unión Europea ten competencia exclusiva) que poden en certa medida perxudicar os intereses particulares do campo español. Así que eu digo: ¿se non votas, qué carallo tes que dicir agora?